Canto difónico?
Mais, que é esta cousa exótica ?
É un arte vocal popular que se encontra sobre todo nas estepas de Asia Central. É a arte de facer saír da voz as súas diferentes harmónicas físicas grazas á colocación de lingua, labios e padal. Cada un faino desde neno sen darse conta, pois dicir as vogais faladas é máis ou menos ” canto difónico”, xogar con a e é i o u …
Unha nota continua é feita dunha suma de ondas simples de tipo «asubío», chamadas harmónicas. Se a nota ten unha frecuencia f, a primeira harmónica ten a frequencia 2*f, a segunda 3*f… etc., e así ata o infinito… A nosa boca serve de filtro musical «ecualizador», e pasando a nosa voz con este filtro de baixo ata agudo con moita precisión, podemos atenuar o son xeral e deixar botar por diante algunhas destas harmónicas. Non son todas afinadas (afinación moderna), as melodías feitas coas harmónicas teñen unha estética moi especial.
Sendo estudiante descubrino nun disco de musicoloxia, e por ter tempo a perder nesta época, eu e mais dous amigos músicos pasamos momentos intentando facer saír as nosas harmónicas. Tamén fomos a unha conferencia do etnomusicólogo Trần Quang Hải, especialista en canto difónico.
Conseguimos os nosos primeiros pasos vocais con moita alegría, pensando que non pode haber unha cousa máis inútil e divertida á vez para nós, musicos ocidentais. Mais a vida aprendeume que o que parece inútil pode ter a súa utilidade un dia.
O canto difónico chegou a ser un modo de expresión entre Lua e mais eu. Un día, estando desfrutando da auga cálida dun spa coa súa nai grávida, canteille á Lua através da barriga. A nosa pequena raniña respondeu de repente cos brazos e pernas nun pequeno saltiño visíbel. Por esta reacción inmediata nunca deixei de cantarlle desta maneira.
Continuei cantando a Lua cando estaba na súa incubadora, e despois en casa á saída do hospital. Este canto funciona sobre ela como ningunha outra cousa musical a nivel de amor e protección. Por agora non sei se este canto ten realmente unha eficiencia terapéutica admitida ou se é só a voz dun pai namorado á súa filla. Seguramente a concentración e respiración que me esixe a min é tamén vector de paz para a miña filla.
O que sei ben é que cando Lua está molesta, triste, doente ou estresada, comezo a cantarlle unha gama harmónica e funciona sempre, pois Lua chega á contemplación ou á concentración en si mesma.
Tiña un pouco de vergoña a facelo en espazos públicos, mais agora cántolle en calquera lugar que sexa.
Teño para ela un colo corporal e un colo de son.
Exemplos:
– Mp3 Pierrot canta:
– Huun-Huur-Tu (banda tradicional de Touva en Siberia) … hai un canto difónico espectacular aos 6:20 mn.
You might also like
More from Música
“Os puntos do impacto”: poema Álex Mene e Margarida Mariño
“Os puntos do impacto”: poema Álex Mene e Margarida Mariño
Ipseidade, tautegoria, improvisação: Depaisagens de Sei Miguel
No fluir do som, quando desdobrado livre de constrangimentos, emerge a diferença. É por isso que, nas músicas improvisadas, reside …