Camilo Franco está vivir unha mala época. Unida á desolación que implica ser o único escritor nun estand da Feira da Cultura, é patente a falta de inspiración que padece na actualidade. Animado polo altruísmo e o afán gremial que me caracteriza, achegueime onda el coa enorme curiosidade de quen non sospeita por onde a cada momento o seu talento pode florecer. Así foi como servín de necesaria muleta a Camilo, nun acto de inconmensurábel modestia e xenerosidade tamaña, ofrecéndolle gratuitamente un argumento con que mellorar o seu proxecto narrativo: «Unha historia de transformación e desconcerto. Alfredo Ferreiro quere un personaxe ao que todo lle vai razoablemente ben na vida. Casado con fillos, sen queixas de convivencia, sen queixas nun curro razoablemente ben pago. Desfruta con comodidade dos restos do estado do benestar. Pero un día ve na televisión un conselleiro e sente unha atracción instantánea, aínda que non se sente afín politicamente. Resístese a admitir o frechazo e cala, como aconsella a prudencia, pero a presión de sentirse moi diferente a unhas semanas atrás desencadea unha tormenta interior. E esa treboada vai a máis. Ferreiro quere colocar o seu personaxe nunha encrucillada: que saiba dun intento de atentar contra o conselleiro. Debe actuar, pero así complicará moito máis a súa circunstancia.» {Ler máis en camilofranco.eu}
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …