Desde a Palavra Comum agradecemos a Rafael Catoira que escolhesse este espaço para publicar, em diversas entregas, o seu poemário inédito No volver que seremos estamos.
Antigo dito da tribo Hopi:
Nós somos aqueles aos que estabamos a agardar.
***
A xeito dun final, cando nada remata.
Crepúsculo
I
No amplo berce escuro do ceo
seguir as luces que guían os astros. Ollar na noite.
Apoderarse dese astro que brilla ao lonxe,
na esquina dun universo que cabalga
a súa propia sombra
desde a primeira laparada,
sobre o brillo dese lume primeiro
onde naceu o tempo.
II
Cantas veces é lembranza o que vexo
e ao seu lonxincuo abismo asómome
para perderme no encontro!
Ver morrer o día é coma ver nacer o lume,
dilatarse no fume, espiral e labirinto,
medrar cara ás nubes e regresar ardendo no volver,
nacer.
You might also like
More from Poesia
Amazonidades: Gesta das Águas, de Marta Cortezão | Carla Nepomuceno
Marta Cortezão (acervo da autora) TROVA, POESIA QUE NOS MOVE O Café com Português apresenta Amazonidades: Gesta das Águas, da escritora Marta …
Hiância VENTRÍLOQUA, de Virna Teixeira | Luís Serguilha
Hiância VENTRÍLOQUA, de Virna Teixeira | Luís Serguilha. VENTRÍLOQUA e a dor inenarrável que percorre um corpo.