Xosé Manuel Eiré adianta a crítica que publicará n’ A Nosa Terra: «[…] Porque por riba da variedade de ecos que resoan na lectura dos versos de Alfredo Ferreiro, o que mellor grabado me ficou na memoria foi a figura do máxico alquimista. Alfredo Ferreiro exerce diso, de máxico e de alquimista. Como os magos, procura as esencias esprirituais do material. Como alquimista, do material afánase en extraer as esencias espirituais. De xeito que o poeta, porque este máxico e alquimista escribe as fórmulas na arquitectura nouménica da palabra feita poesía libre, se constitúe en punto de encontro. De xeito que o poema se constitúe nun xeito de filosofía humana elaborada desde os adentros do frío material visto desde a perspectiva inquisidora de quen non só traballou con el senón que quixo achegarse a el en trascendencia comunicativa e explicativa. […]»(Ler adianto completo en Ferradura en tránsito)
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …