Temos que agradecer o artigo de Mar Mato hoxe no Faro de Vigo, un recoñecemento aos blogues literarios e ás actividades máis innovadoras da AELG que rara vez se ve na prensa convencional, máis ocupada coas trivialidades da vida dos “famosos”, eses personaxes de cartón-pedra creados polos equipos de márqueting para excitar as pulsións básicas do cidadán común :
«[…] Anda a blogosfera galega revolucionada con apenas medio mes dunha revitalizada blogaliza (unha plataforma de bitácoras galega) na que a web 2.0 vai alén das bitácoras para conectarse coas redes sociais. Como engado, unha xanela dixital á literatura en galego con nome de letras.blogaliza.org onde podemos saber dos blogs adicados ás letras de noso.
A etiqueta é necesaria. Cada vez tórnase máis difícil atopar novas bitácoras sobre un tema concreto. A marabunta en toda a internet ten unha cifra: 7.000 blogs en galego, segundo o estudo que están a realizar desde Blogaliza –con datos aportados polo seu fundador e comandante, Pedro Silva, enumerando os desta plataforma así como doutras diferentes como wordpress ou blogoteca–.
E destas 7.000 bitácoras, (1.000 delas actualizáronse nos últimos sete días) localizáronse 110 adicadas á literatura, ás que se suman 120 de bibliotecas, e máis ou menos 32 relacionadas coa lingua galega. No caso dos blogs literarios, estes acaban de obter o recoñecemento da crítica como se dunha obra escrita se tratase. Desde este ano, a Asociación de Escritores de Lingua Galega (AELG) premiará o mellor blog de literatura. […]»
Neste artigo poderán ler suculentas opinións do Pedro Silva, o Arturo Casas, o Leo, o Henrique Marques-Samyn e até miñas. Os que apañaron a edición en papel tamén poden ler os espazos dedicados a Estíbaliz Espinosa e a O levantador de minas.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …