Xavier Bermúdez viaxou o luns 17 de febreiro a Mons, Bélxica. Galego de Ourense, será o único español que participe no Festival de Films d’Amour, coa súa última película, O ouro do tempo, seleccionada para participar na sección de competición internacional do 30 Festival de Films d’Amour, que se prolongará ata o día 21, contando coa presenza do propio director e guionista, acompañado dos actores da película Ernesto Chao, Nerea Barros e Manuel Cortés.
Trátase da cuarta participación da película nun festival internacional, tras os de Karlovy Vary (República Checa), Katowice (Polonia), e Haifa (Israel) e antes da súa estrea en salas en España o próximo trimestre.
Xavier realiza a súa primeira longametraxe en 1992, Luz negra. Unha das súas protagonistas, Mónica Molina, recibe o Premio Especial do Xurado no Festival internacional de Xixón no mesmo ano. A película recibe ademais a Mención Especial do Xurado no Festival de Alcalá de Henares.
En 1994 funda na Coruña, xunto con Manane Rodríguez e Luís Fernández, a produtora Xamalú Filmes, coa que participa na produción das longametraxes: Nena (1997), León e Olvido (2004), Un conto para Olivia (2007), Un axuste de contas (2005-09), Rafael (2008) e Memorias Rotas (2009).
A súa segunda longametraxe de ficción como director, Nena (1997), producida por Xamalú Filmes, consegue tamén a Mención Especial do Xurado en Alcalá de Henares e é seleccionada no Festival Internacional de Mar del Plata, Argentina.
Con León e Olvido (2004), producido por Xamalú Filmes e El Paso, consegue once premios internacionais e tres estatais. Entre eles o de Mellor Director nos Festivais Internacionais de Karlovy Vary, categoría A, e de Ourense. Mellor guión en Toulouse. Foi estreada en salas de España, Francia e Suiza, participou en máis de trinta festivais ou mostras de cine internacionais e aínda hoxe segue proxectándose en diversos lugares do mundo. Entre os últimos: Zlin, Chequia, en 2009, e Bafici, Buenos Aires e Valparaiso, Chile, en 2010.
En 2008 remata Rafael, a sua última longametraxe ata este O ouro do tempo. Rafael foi seleccionado no Festival de Málaga, no Festival Internacional de Montpellier e nas Mostras de cine galego de Fantasporto, Portugal e da Filmoteca de Madrid. Foi estreada oficialmente en Cineuropa 2009, en Santiago de Compostela.
Maribel Longueira
Nota: Foto de Maribel Longueira
You might also like
More from Audiovisual
Inma Doval: “[círculo dentro do círculo]” | Carla Nepomuceno
O corpo, a vertigem, os ângulos... são alguns dos elementos que encontramos em [círculo dentro do círculo] de Inma Doval …
Marta Cortezão: “Cantiga Maria” | Carla Nepomuceno
A escritora Marta Cortezão lê um poema seu intitulado CANTIGA MARIA, deleitando-nos com a sua escrita.