«A exposición contén unha análise sobre o uso da imaxe na sociedade actual, sobre a necesidade doutras miradas para completar a nosa identidade individual. Reflexiona sobre os límites entre individuo e sociedade.
Está composta por dúas series fotográficas:
MIRADAS NECESARIAS (?) amosa fotógrafos realizando o seu traballo cunha venda negra nos ollos. Imaxes de gran formato que van acompañadas de textos presentando o fotógrafo e o seu traballo e reflexionan sobre cuestións actuais dos usos deste medio.
E TI QUE MIRAS. ENFRONTAMENTOS / ACORDOS , por medio das lentes transmite a posibilidades de resolver un encontro co “outro”. Presenta tamén retratos de persoas a través da súa mirada: persoas as que o artista reta para que expresen o seu xeito de ser, a súa situación persoal, o seu ánimo… por medio dunha microinstalación cos seus propios lentes, instalación que é despois reinterpretada pola mirada fotográfica de Meléndrez.
FOTOCESIÓN é unha potente instalación situada no centro da gran (300m2) sala de exposicións. Un gran “cubo” de aproximadamente 4x3x2,5 m, que plantexa a persoa que se adentra nel a posibilidade de participar na comunidade SUMAMOS, cedendo para iso a súa imaxe, todo automatizado cun sistema robotizado.
SUMAMOS, é unha consecuencia de FOTOCESIÓN, que ten tres instalacións derivadas. 1.- A proxección en sala dos retratos das persoas que aceptaron ceder a súa imaxe. 2.- A impresión continua en sala de follas con 8 retratos tomados ao azar de entre as aceptacións. 3.- Unha saída a web, na www.sumamos.org, onde están todos es@s retratados/retratadas, querendo simbolizar a apertura á sociedade do colectivo.
O XASTRE [alfaiate] E O SEU MUNDO é unha peza de videoarte (10 min, monocanal, PALM, musicada e muda) que parte da escuridade, do tenebrismo en busca da luz. O protagonista está nunha situación de colapso interior (individual/social) e debe reinventarse. Cunhas tesouras de xastre, os dous mapas das Alemañas antes da unificación (símbolo do mundo dividido –telón de aceiro-) e unha vella máquina de coser-manual, se constrúe unha capa que viste e lle sirve para saír a unha nova realidade con esperanza.
A CAPA DO XASTRE, a peza realizada en papel para o vídeo é mostrada, en sala, pendurada dun manequín. A mais do símbolo de reinvención reflectido no vídeo ten outra capa de significado que refere a identidade do autor tanto polos mapas elixidos como pola patronaxe, que pretende ser reflexo das capas de lá utilizadas polas persoas que traballaban no campo da montaña lucense.»
*
«PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO:
Tivo lugar o martes 23 de xullo en NORMAL, espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña (Paseo de Ronda 47 – A Coruña) ás 7 da tarde. Estiveron presentes, a mais do artista, algunhas das persoas que escribiron textos para o libro: Margarita Amor López (Vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria) en nome de Julio Ábalo (Reitor da UDC), Miguel Anxo Fernán Vello, Patricia Carballal e Alberto Sucasas.»
*
Patente até 20 de agosto de 2019 em Normal (Universidade da Corunha)
You might also like
More from Crónicas
Primeira Crónica desde Xai Xai: a chegada
Participação de poetas da Galiza no VII Festival Internacional de Poesia de Xai-Xai, Gaza, Moçambique Primeira Crónica desde Xai Xai: a …
Adeus, ti, Ponte Nafonso I por Ramón Blanco
"En la ingeniería civil la seguridad estructural está en lo más profundo de su identidad, por lo que no puede admitir …