Armando Requeixo: «Hai dúas semanas quixen pulsar a vosa opinión sobre un asunto que me parecía de non pouco interese: ¿que territorio mediático ten, hoxe por hoxe, máis peso na difusión da nosa literatura: as páxinas culturais dos xornais e das revistas ou as redes sociais, webs e blogs literarios? […] Practicamente tres de cada catro de vós (para ser exactos o 74%) cre que, nestes momentos, as redes sociais, webs e blogs literarios son máis decisivos á hora de dar a coñecer e valorar a nosa escrita que os suplementos dos xornais e as páxinas das revistas culturais e/ou especializadas, que só para un 26% son a primeira opción para informarse […].»
O artigo, interesante polas conclusións e polas referencias, presta atención especial á oposición entre os medios convencionais face aos novos medios dixitais, e por tanto fundamenta a perspectiva na cuestión tecnolóxica. Ao tempo, eu observo outra valorización dos resultados do inquérito se atendemos á orientación dos contidos e aos vínculos dos críticos. Non será que os medios convencionais, en papel ou dixitalizados, non permiten que a reflexión sobre a literatura naza dela mesma, senón como mísero e tolerábel contributo á cultura na maré diaria das desgrazas da economía e da política? Non será que nos medios independentes os críticos traballan á vontade nun espazo en que o literario é o obxectivo principal, e que isto os converte nun ámbito para liberdade e a credibilidade?
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …