Vimos de celebrar a noticia que o amigo Martin Pawley nos comunica, e que xa consta en nota de prensa do Ministerio de Cultura: “Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil – La obra galardonada es O único que queda é o amor“.
Referenciamos aquí os posts dedicados a este autor e á obra galardoada n’ O levantador de minas:Agustín Fernández Paz: entrevista e avance editorial; I Xornadas Virtuais de Literatura da AELG; O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz; Presentación d’ O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.
E lembramos o vaticinio que a visionaria Tati Mancebo formulou sobre este libro: “Augurámoslle un grandísimo éxito a este libro, tanto de crítica como de vendas, o que significa, que haberá moitas, moitas persoas que gostarán das historias, que se sentirán identificadas, que compartirán sentimentos sen se coñeceren porque ao final, “na vida o único que queda é o amor”.
Os vídeos que realizamos na altura para este blogue foron os seguintes:
Lectura polo autor de Amor de agosto, do libro O único que queda é o amor:
Entrevista realizada por Tati Mancebo:
Entrevista realizada por Óscar Sánchez, con presentación por Laura González Garcés (directora da Biblioteca Nodal d’ A Coruña Miguel González Garcés) e Manuel Bragado (director de Edicións Xerais):
Recomendamos tamén a visualización dos vídeo-relatorios ofrecidos nas I Xornadas Virtuais de Literatura, organizadas pola AELG: Agustín Fernández Paz fala sobre os xérmolos das súas novelas; Ramón Nicolás fala sobre a obra de Agustín Fernández Paz.
You might also like
More from Infanto-juvenil
Beatriz Maceda presentou Man, o alemán de Camelle
Your browser does not support iframes.
Corazón de pedra, de Agustín Fernández Paz
En Corazón de pedra Agustín Fernández Paz ofrécenos, ademais dunha obra entretida e sensible, unha sorte de reflexión sobre a …