KBr. Libraria
Na cidade de Barcelona, e mirando ao mar, hai un novo e atractivo foco cultural: KBr. Barcelona Photo Center, un centro adicado por enteiro á fotografía. E para inauguralo –nestes tempos de confinamento social– a Fundación Mapfre inza as salas con dúas espléndidas exposicións, unha de Bill Brandt e outra de Paul Strand. A fotografía artística é irmá da poesía? E do cinema? Por que Strand acabou por exiliarse dos EEUU?
*
KBr. Barcelona Photo Center. Fundación Mapfre
«En verdad así es, y así todas las cosas de esto dan testimonio: las estrellas se encuentran en el arrebatado firmamento del cielo; los adversos elementos unos con otros rompen pelea; tremen las tierras; ondean los mares; el aire se sacude; suenan las llamas; los vientos entre sí traen perpetua guerra; los tiempos con tiempos contienden y litigan entre sí, uno a uno y todos contra nosotros. (Francesco Petrarca, citado por Fernando de Rojas no prólogo de La Celestina, 1502)
No mundo da arte en Barcelona as cousas non van ben desde hai uns anos (atinado o diagnóstico que o escritor e crítico Sergi Vila-Sanjuán publicou na Vanguardia). E xusto nese lapso de tempo de crise, de confinamentos, de pragas globais (xa anunciadas por Petrarca hai 600 anos) a Fundación MAPFRE fíxose cun espazo punteiro na programación artística da cidade condal, como demostran os números: catorce exposicións temporais con máis de 500.000 visitantes en total. Pois agora –neste ano 2020, malévolo e desestabilizado– Mapfre abre un novo centro cultural. Co gallo da efeméride, aproveita para dar un xiro á súa presencia nesta cidade, e inaugura, na emblemática Torre Mapfre, o KBr. Barcelona Photo Center, un magnífico espazo sito nas beiras do mar. KBr conta con dúas salas de exposicións: a grande, de 700 m2, e a pequena con 150; e, na planta baixa, un espazo para actividades educativas, unha sala polivalente para convocatorias con público, e unha libraría especializada en fotografía, quizais a única aberta nesta vila con dedicación exclusiva a esa disciplina. KBr. Barcelona Photo Center abre as súas portas á cidadanía de Barcelona con dúas exposicións, a cada cal máis importante e interesante. Na sala pequena a mostra dedicada a Paul Strand (a que agora se reseña), mentres que a grande está inzada coas instantáneas de Bill Brandt, un dos grandes do século XX.
Paul Strand. Colecciones Fundación Mapfre. A straight photography. Blind. Abstracción
Diría que as paisaxes de Cézanne son as mellores, non só porque todos os elementos da imaxe están integrados, senón porque tamén hai unidade na profundidade; hai un grande espazo tridimensional que é tamén parte da unidade do espazo da imaxe. Deste xeito, fun consciente da necesidade de dominar este problema. (Paul Strand, entrevista no The New Yorker, 1974).
A pandemia é a metáfora dos tempos. A metáfora que se repite, contra da carreira tecnolóxica que predica a superación de calquera etapa anterior. Pandemias houbo na antigüidade, nos tempos medievais, nos modernos e mais nos contemporáneos. E a Arte sempre respondeu. Nestes tempos de peche, de illamento social –coma sempre– a arte cómpre para vivir. Así aconteceu e acontece. ¿As vanitas dos irmáns Santilari para a súa exposición Els 7 Pecats Capitals eran as trompetas do Apocalipse anunciando estas realidades? Tempos de pandemia; novembro do malévolo 2020: meses de peche social, de negritude cultural. Nesta perspectiva interior, doméstica, as entidades culturais van artellando actividades coas que seguir a súa vida artística e social, negándose á derrota. A Fundación Mapfre vai máis aló: abre un novo centro (KBr) dedicado á fotografía. E, como parte importante da inauguración, está instalada a mostra sobre a obra de Paul Strand.
A exposición Paul Strand. Colecciones Fundación Mapfre, no novo centro KBr, presenta ao público máis dun cento de instantáneas do fotógrafo norteamericano. As fotografías mostradas –todas en branco e negro– proveñen todas dos fondos da propia Fundación Mapfre, sendo esta institución a que posúe o fondo máis numeroso de Strand de toda Europa. Pódese dicir, logo, que neste caso Mapfre xoga na casa. A atractiva mostra está comisariada por Juan Naranjo, historiador da fotografía e comisario independente, e o Paul Strand: fotografía social e abstracción, no KBr de Mapfre. Na cidade de Barcelona, e mirando ao mar, hai un novo e atractivo foco cultural: KBr. Barcelona Photo Center, un centro adicado por enteiro á fotografíaresponsable da libraría instalada nas dependencias do KBr. Barcelona Photo Center. Están nas salas do KBr representadas todas as etapas e fasquías creadoras de Strand.
Paul Strand (1890–1976) tivo uns comezos que (como era moda dos tempos) gravitaron polas beiras da fotografía pictorialista, aquela que procuraba na pintura as fontes de inspiración e temas a retratar. Pero logo mudou e pasouse ás prácticas coñecidas como straight photography, a fotografía directa, moi relacionada coa street photography. Un cambio radical, por suposto. Strand foi unha persoa de ideas progresistas, por iso se preocupou de temas sociais. Pois ben, a comezos do século XX os fotógrafos progresistas miraron de atopar un vieiro propio para a fotografía artística, tendo a vida cotiá e o mundo laboral como referentes, e sen ter que copiar da pintura. E a straight photography foi un dos medios para logralo. Deste xeito e desde novo, Strand percorrerá países e rexións sempre captando as persoas traballadoras.
Unha das instantáneas que se pon como exemplo da fotografía directa (straight) de Strand é a titulada Blind Woman (1916). Represéntase na imaxe o busto dunha muller cega, vestida de negro e pegada a unha parede onde se supón que está a pedir esmola. Colgada do pescozo leva unha placa metálica: BLIND ben grande, e outra máis cativa, municipal (New York City), cun número que lle dá licencia para pedir. A face redonda da muller mostra que lle falta o ollo dereito e que de seguro nada va polo esquerdo. Unha imaxe dura, realista, sen outros elementos que dulcifiquen a escena.
En 1904, en plena etapa azul, Pablo Picasso pinta La Celestina, o retrato dunha muller co ollo esquerdo velado e un inquietante ollar oblicuo. A monocromía azul da pintura non suaviza a forza da faciana desa muller. Terán algo que ver estas dúas imaxes? Coñecía Strand –persoa culta– a pintura de Picasso? Cando disparou sobre a muller cega neoiorquina, pesaba nos miolos de Strand a obra do pintor malagueño?
Como se pode ver en toda a creación de Strand, sempre gustou de traballar a fotografía no laboratorio, empregando xeralmente papeis co gran grande, que permitían fortes contrastes de paisaxes e retratos. Esta forma de positivar permite que o fotografado teña forza, dramatismo, ou quizais só un forte realismo ancorado tamén no branco e negro.
Mannahatta. Walt Whitman. A poesía e o cinema. Abstracción.
I see that the word of my city is that worPaul Strand: fotografía social e abstracción, no KBr de Mapfred from of old, / Because I see that word nested in nests of water-bays, superb, / Rich, hemm’d thick all around with sailships and steamships, an island sixteen miles long, solid-founded, / Numberless crowded streets, high growths of iron, slender, sPaul Strand: fotografía social e abstracción, no KBr de Mapfre. Na cidade de Barcelona, e mirando ao mar, hai un novo e atractivo foco cultural: KBr. Barcelona Photo Center, un centro adicado por enteiro á fotografíatrong, light, splendidly uprising toward clear skies, (…) The flowing sea-currents, the little islands, larger adjoining islands, the heights, the villas. / The down-town streets, the jobbers’ houses of business, the houses of business of the ship-merchants and money-brokers, the river-streets, / Immigrants arriving, fifteen or twenty thousand in a week. (Walt Whitman, Mannahatta, 1960)
A relación entre o cinema e a fotografía poida que non sempre se teña presente, pero foi e é importante. Na crónica da mostra que tamén en KBr hai de Bill Brandt falouse da admiración deste fotógrafo polos filmes surrealistas de Buñuel (dito por el mesmo). E seguro que as filmacións de Orson Wells, as alongadas sombras dos seus personaxes, os picados e contrapicados, tiveron que condicionar os xeitos dos profesionais da fotografía á hora de captar imaxes (e de seguro que Wells bebeu de mestres da fotografía).
Paul Strand, unha persoa culta, inquieta e sensible, déixase influír pola poesía e mais polo incipiente cinema. En 1920, en compañía do tamén fotógrafo e pintor Charles Sheeler, filman Manhatta, considerada unha das primeiras películas vangardistas feita nos Estados Unidos. O film Manhatta dura arredor de 10 minutos e é un percorrido pola nova metrópole, e mais polo homónimo poema que Whitman (Mannahatta) dedicara a New York no ano 1960, sesenta anos antes. O título polo que optou o poeta da vitalidade é o nome co que os habitantes da zona (antes da chegada dos europeos) coñecían a illa sita na desembocadura do río Hudson. Strand e Sheeler o único que fixeron foi seguir o ronsel do poeta. En ambos casos, poema e filme, son homenaxes á cidade, á súa forza, á vitalidade. No filme abundan as tomas en picados desde os rañaceos, desde as pontes; a chegada de barcos ateigados de emigrantes europeos. Mesmo no percorrido por rúas e ríos da cidade emerxente, vense imaxes en movemento que anos antes Strand xa captara da cidade; por exemplo Wall Street (1915), esa instantánea tan monumental e querenciosa da abstracción. O poema de Whitman tanto inspira o filme que, intercalados coas imaxes, van aparecendo versos que referencian perfectamente a parte da cidade que se grava naquel momento. Unha ostentación das interrelacións de manifestacións artísticas como o cinema, a poesía e a fotografía. A experiencia gustou moito a Strand, feito que o levou a seguir filmando e presentando traballos conematográficos perante moitos anos.
O film destes dous artistas (Manhatta) vén sendo o preludio de tantas e tantas homenaxes como se irán máis tarde dedicando a esa cidade por parte de outros artistas, mesmo fotógrafos. Seguindo os pasos de Atget, o fotógrafo do París baleiro, van aparecendo creacións de Berenice Abbott (Changing New York, 1939); a seguir William Klein fará outro tanto co seu libro New York (1956). O poético Michals volve polos derroteiros de Atget e titula o seu libro Empty New York.
A curiosidade e interese de Strand polas manifestacións culturais, así como polas condicións de vida das persoas máis desfavorecidas, acabou por aproximalo ás vangardas artísticas, en concreto polas que escoraban cara a abstracción. Nestes tempos hai no Museo Reina Sofía a exposición Mondrian y De Stijl, toda unha exhibición da máis radical abstracción á que se chegou no século XX, a partir de 1917 –ese ano tan decisivo para tantas cousas–. A historia da arte contemporánea viaxa en Paul Strand: fotografía social e abstracción, no KBr de Mapfreliña recta? Como despois do Cadrado Negro de Malèvich, da Fontaine de Duchamp e mais das composicións de Mondrian a pintura puido sobrevivir? Como se puido regresar á pintura figurativa? A arte viaxa en espirais?
Paul Strand ten moitas imaxes onde procura mostrar a simplicidade dos obxectos, a súa elemental xeometría abstracta. Xa se mencionou a instantánea Wall Street, e o mesmo se pode facer con moitas outras, por exemplo Vasque Façane. Arbonne (1951), que tamén está na mostra Paul Strand. Colecciones Fundación Mapfre. ¿Strand fotografou esta fachada do País Vasco francés, coas súas bigas de madeira exteriores, porque lle lembraban as casas de Domburg onde veranearon perante anos os membros do grupo De Stijl, entre eles Mondrian?
Retratos socioloxicamente diversos. Viaxes. Exilio
En el número monográfico que en 1917 le dedicó (a Strand) la revista “Camera Work”, dirigida por Alfred Stieglitz, más de la mitad de las fotografías publicadas son retratos que había realizado con un interesante y rudimentario sistema gracias al cual era capaz de obtener imágenes sin ser visto. (Juan Naranjo, comisario da exposición Paul Strand. Colecciones Fundación Mapfre).
O método empregado por Strand para poder aproximarse ás persoas cunha máquina de retratar e sen que elas se sentisen incómodas, consistía en colocar á altura do obxectivo un prisma que facía Paul Strand: fotografía social e abstracción, no KBr de Mapfrededucir que o fotógrafo estaba dirixindo a súa atención nunha dirección, cando en realidade o facía noutra. Deste xeito as persoas retratadas aparecen relaxadas, con moita naturalidade e realismo.
Alfred Stieglitz foi mentor de Paul Strand e publicoulle traballos na súa revista Camera Work, e tamén os expuxo na súa galería, a famosa 291. Dise que foi a primeira galería de arte que se estableceu nos EEUU. Estaba situada no número 291 da 5ª Avenida de New York, mantívose aberta entre 1905 e 1917 e nela expuxeron moi importantes artistas (Rodin, Matisse, Picasso, Duchamp, Cézanne) e moitos fotógrafos e fotógrafas (por exemplo a pioneira e profesional Gertrude Käsebier).
A ideoloxía progresista de Strand sempre o levou a interesarse polas clases traballadoras e menos favorecidas socialmente. No ano 1950, descontento coa política dos EEUU nesa época (a Guerra Fría), decidiu exiliarse en Francia, e alí viviu ata o seu pasamento. Froito da curiosidade social e mais das viaxes de Strand é a inmensa galería de retratos que fixo ao longo da súa vida. Na mostra Paul Strand. Colecciones Fundación Mapfre, no KBr, pódense apreciar as tipoloxías e fasquías de moitas persoas ás que retratou co seu método por América, Europa ou África. Strand visitou Italia, México, Gran Bretaña, Romanía, Exipto, Ghana, entre outras xeografías. A resultas desas viaxes foron aparecendo libros monográficos con fotografías de todas esas xeografías. Así por exemplo: Living Egypt, Un Paese, sobre Italia, Ghana, an African Portrait, La France de Profil. E sempre estes libros editados con textos de escritores ben coñecidos. O que se pode ver neses voluPaul Strand: fotografía social e abstracción, no KBr de Mapfremes son retratos de medio corpo (de plano americano, poderíase dicir), algúns lembran as posicións nos que os pintores tamén puxan e poñen ás persoas que van pintar. O contraste entre o fondo e a persoa –marcado polo seu interese en traballar no laboratorio as fotografías para intensificar o claroscuro– alimenta a forza da composición e reforza o realismo social.
*
EXPOSICIÓN: Paul Strand. Colecciones Fundación Mapfre. KBr. Barcelona Photo Center. Mapfre, ata o 24 de xaneiro de 2021
You might also like
More from Crítica de arte
Irving Penn, a fotografía sen ornamentos | Lito Caramés
A Fundación MOP (A Coruña) ten o acerto de presentar unha mostra antolóxica de todos os traballos do gran fotógrafo …
entre espelhos falsos magritteanos e peugadas in-corpóreas de Bete Gouveia | Luís Serguilha
«entre espelhos falsos magritteanos e peugadas in-corpóreas de Bete Gouveia», por Luís Serguilha