SOCIO-XENÉTICA
O xenético material,
feminina herdanza
dunha non-historia,
e dun decorrer do informacional
e do rubir nos seus chanzos
e do alicerzar esa historia sen historia,
[ese falar por falar asinado
polos restos xa desacordados]
e semella, segundo contaba
un vello ao camiñarmos polos
montes de Cuntis, que iso eran letras
dun dos calquera libros
que poderían ser escritos,
e que do mesmos xeito
que Piñeiro fala da saudade,
teórica perspectiva,
e que Otero Pedrayo unha fiestra
desfecha cara América,
e que De Castro escoita nas badaladas
un adeus nunha enchente de sentimento
que tamén é de saudade;
un podería con este material
escribir calquera texto poético.
O problema desta sentenza,
condicional facto, proviña
dunha realidade que, en circuncisión,
marca a estrutura intrínseca
aos seres –vivos ou non–,
que operan, ao mesmo tempo, en relación
biótica para se estruturaren
en novidades non sospeitadas,
nin previnda.
Agromar dunha quenda
de emerxencias de posibilidades
interpenetradas en sistemas
de simbioses.
[Acenos epixenéticos
non hipertrofiados
á mantenta dun diálogo
se cadra natural]
…dubido disto último.
Neste contexto o societal
puidera non ser tido en conta,
fatalidade opción
–nin tan sequera en plano–,
xa que o eido colectivo
transita polo interior
da xénese de nos propio
nunha conversa epimeteica
xerando unha realidade paradoxal:
socio-xénese
epi-xénese.
*
Xoán Romay (Ourense, 1977) é profesor do Departamento de Socioloxía e Traballo Social da Universidade de Valladolid; codirector da revista de creación literaria Creaturas imaginarias e editor da revista de socioloxía, teoría e didáctica da literatura Nudos.
*
Fotografia: “Em Lagos, depois da chuva”, por Eduardo Ribas (Serantes – Ferrol, 1954).
You might also like
More from Letras
VII Festival Internacional de Poesia de Moçambique convida autoras galegas
A Associação Cultural Xitende e o Conselho Municipal da cidade de Xai-Xai (Moçambique) convidaram autoras e autores galegos e portugueses
Emília Souza: “sabá” | Café com Português
Emília Souza estreou na poesia com o livro Vem segura a minha mão, publicado pela Editora Patuá. Faz parte dos …