O xoves día 7 ás 20:00, na Feira do libro da Coruña, partillaremos mesa con Xavier Alcalá o seu editor Víctor Freixanes e máis eu para tentar dar conta publicamente das moitas virtudes das súas novelas Entre fronteiras, Nas catacumbas e Unha falsa luz, as cais supoñen unha vasta, lúcida e moi ben escrita triloxía sobre a represión sufrida polos evanxélicos galegos a maos do fundamentalismo franquista. Contaremos ademais entre o público coa presenza da principal testemuña dos feitos narrados, don Manuel Molares, quen no seu día contactou o propio Alcalá para propoñerlle a literaturización dos esforzos e penalidades soportadas pola comunidade de crentes.
A. F.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …