Hai certas cousas que teñen que acontecer, e acontecen a qualquer custo. Non poucos foron os esforzos destinados até agora para que o reintegracionismo lingüístico da Galiza atinxise este carimbo institucional: a Academia Galega da Língua Portuguesa é xa unha realidade. E non só no papel, como máis unha asociación legalmente constituída e fatalmente desatendida nos traballos fundamentais: nace do suor organizado do lusismo máis activo, con apoio da Xunta da Galiza e financiamento importante da Caixa Galicia, para alén do mostrado por unha lusofonía sensíbel e comprometida.
As cousas víanse claras desde aquí: tanto encherse a boca coa importancia da lusofonía de varios e importantes sectores precisaba de apoios concretos, apoios a ideas potentes de proxección internacional. Por iso me alegro tanto, porque cando vexo neste país ideas claras e recursos oportunos enriba da mesa penso francamente que temos futuro como cultura. O resto é a trapallada de tantas veces, ou a crítica destrutiva nacida da inseguranza por falta de identidade persoal e colectiva, por ignorancia do que se é. Así non se pode saber o que se quere ser, con certeza.
A ver vamos que partido o país pode tirar desta nova institución, que ao que parece surxiu nun acto impecabelmente organizado así como estratosfericamente académico. Agardemos un bocadiño a que algún colaborador deste blogue que por alí andou este luns nos describa as súas sensacións, e se tamén algún académico decide usar esta palestra para relatarnos as perspectivas que alberga.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …