– Palavra Comum: Quais são os teus referentes (num sentido amplo)?
– Franck Meyer: Esta pregunta é perigosa xa que pode levar a expoñer fachendosamente toda a cultura que un ten. Non a quero entender así. Coido que todo o mundo recibe influencias e/ou escolle modelos sen que isto signifique que automaticamente haxa pegadas directas no que un fai.
No meu caso, en fases diferentes da miña vida tiven referentes a miúdo diferentes. O de referente entendo, para min, así: persoas ou obras que me din algo, que me tocan e me parecen interesantes. De todos os xeitos, a min non me vai a aproximación meramente racional, pois para que haxa unha fascinación necesito algo máis. Darei un exemplo. No existencialismo francés Sartre é indubidabelmente o que ten un sistema filosófico máis completo e coherente ca outros. Sen embargo, a min sempre me gustou máis Camus xa que nel percibo certa calor humana. Ora ben, non creo que o feito de ser el unha referencia para min me convirta en existencialista.
De quen son os primeiros libros que coloco no andel despois dunha mudanza? Sendo adolescente, o meu autor preferido era Rilke (foi por el que fun a Ronda!). Levo tempo sen ler nada del, porén os seus libros están aí, na biblioteca, á beira de Pessoa e de Pizarnik. No andel do outro muro están os textos de Houellebecq e, a un metro del, arrodeado de música, Brinkmann. E logo que? Non debería agora mencionar outros moitos nomes? E que é da música que me acompaña cada día ou do cine que me encanta? As persoas mencionadas déronme algo importante a través das súas obras, outras tamén o fixeron pero non aparecen aquí e, por suposto, hai outras que non teñen obra no sentido artístico que son referentes tamén.
Se cadra hai dez anos a cuestión das persoas de referencia provocaría en min un maior entusiasmo. Agora é un pouco como cando morreu Panero (ese si foi un referente do noso grupo de arroutados da época de Compostela!): daquela pensei que, ao morreren os modelos que quizais tiñamos, viña sendo hora de convertérmonos nós mesmos en referentes.
Aqui podes continuar a ler a entrevista completa.
You might also like
More from Entrevistas
Entrevista I edu_ALBO: “A minha arte surge do risco e da valentia”
Conheci edu_ALBO num dos muitos e inebriantes baretos de Monte Alto (Corunha), acabando por terminar esse mesmo dia no seu …
Entrevista | Luís Filipe Sarmento: “A pandemia expôs a arrogância incompetente das lideranças mundiais, a sua hipocrisia e o seu desprezo pela vida humana”
Luís Filipe Sarmento é um escritor de combate, alguém cujo caminho se faz sem cedências paliativas. A sua escrita é …