– Palavra Comum: Qual consideras que é -ou poderia ser- a relação entre a literatura e outras artes? Tens experiências neste sentido?
– Franck Meyer: As relacións son múltiples e variadas. Atopo literatura no cinema, na música, nas boas series de televisión, na fotografía, na pintura e, por que non, nunha instalación ou nunha exposición. No caso sobre todo do cinema e das series coido que se trata de formas distintas dunha materia que constitúe tamén o núcleo da narrativa: historias e personaxes. No tocante ás artes non verbais, no proceso de creación do que faláramos antes se cambiamos “voz” por “imaxe” e “escoitar” por “mirar” acaso non estamos ante un impulso moi semellante? De todas formas, espontaneamente non desvencello a(s) arte(s) das persoas que a fan. O máis fascinante pode ser entrar en contacto non cunha obra senón coa persoa creadora e sentir o fluír dunha comunicación que ten como base certa sensibilidade compartida. De algo así poden xurdir novas inspiracións ou incluso colaboracións. Neste sentido si tiven experiencias enriquecedoras aínda que non moi numerosas.
Aqui podes continuar a ler a entrevista completa.
You might also like
More from Entrevistas
Entrevista | Luís Filipe Sarmento: “A pandemia expôs a arrogância incompetente das lideranças mundiais, a sua hipocrisia e o seu desprezo pela vida humana”
Luís Filipe Sarmento é um escritor de combate, alguém cujo caminho se faz sem cedências paliativas. A sua escrita é …
Entrevista | Sara F. Costa e Poética Não Oficial – Poesia Chinesa Contemporânea: “A poesia deve ser indócil, insubmissa até perante a própria linguagem”
A Revolução Cultural é um manancial sem fim para a poesia chinesa, uma poesia de "cicatriz" como muitos afirmam e …