– Palavra Comum: Que caminhos (estéticos, de comunicação das suas criações à sociedade, etc.) estimas interessantes para a literatura, e quaisquer outras artes?
– Franck Meyer: Non digo nada novo se menciono internet e as novas tecnoloxías como unha realidade que está a cambiar moitas cousas, entre elas a relación entre a xente creadora e o seu público. Se ben a rede ofrece un potencial democratizador, no eido da literatura por exemplo a posibilidade de prescindir de intermediarios (p. e. editoras) entre quen escribe e quen le, creo que a estas alturas fica visíbel que mentres por un lado se destrúen estruturas tradicionais (p. e. librerías con local real) por outro lado quen realmente gaña a pasta son grandes grupos decote multinacionais ou, mellor, supranacionais, que non naceron para servir ao(s) pobo(s). O que máis me fastidia é como esas empresas xigantescas se meten na nosa vida, nos nosos hábitos, e como acumulan todo tipo de informacións sobre nós.
Eu non son unha excepción, paso moito tempo conectado e resultaríame difícil vivir sen internet que, por suposto, me ofrece moitas opcións. Ora ben, para falarmos de libros, non sei que vantaxe (agás a cuestión do peso…) representa por exemplo unha novela clásica de texto corrido nunha pantalla. Neste caso prefiro o papel como un medio máis intimista pero tamén máis libertario. No papel podo deixar pegadas pero estas non poden ser hackeadas e almacenadas por ningún servicio secreto ou empresa privada, tan ávidos de converternos en seres conectados a e por aparellos electrónicos. (Se cadra un acto de resistencia contra esa desmaterialización coa que nos fumegan o cerebro son os libros de autor, como os que fixo Baldo Ramos.)
Por outra banda, non todo é texto corrido. A rede como medio novo proporciona camiños para innovar nas formas. Estou pensando que un libro en papel implica unha linealidade que Cortázar intentou superar coa coñecida estratexia de “Rayuela”. Pero que posibilidades tería hoxe en día para realizar os seus propósitos! A rede (xa a palabra o di todo) é o medio intertextual por excelencia. As ligazóns son a multiplicación dos vieiros na que un se pode perder como nun labirinto. Borges estaría encantado. Talvez quen plenamente aproveita esas posibilidades é a xente creadora de videoxogos -e non escritoras e escritores de literatura “tradicional”.
Aqui podes continuar a ler a entrevista completa.
You might also like
More from Entrevistas
À conversa com Luciene Carvalho | Carla Nepomuceno
Luciene Carvalho, a primeira mulher negra no Brasil a assumir a presidência de uma Academia de Letras
Tono Galán expus na Corunha | Alfredo J. Ferreiro
Tono Galán (A Corunha, 1967) é um artista corunhês muito polifacético que, embora se esteja agora a dedicar fundamentalmente à …