A foto foi tomada nas Ramblas de Barcelona o 24 de setembro de 2013 a unha muller supoño que musulmana. Hai tempo que tiña en mente probar a técnica chamada “zooming” coa que no momento de disparo varíase a distancia focal provocando un efecto de movemento trantando de manter o enfoque nun punto concreto. O normal é tirar estas fotos coa axuda dun trípode, pero foi unha desas tardes que saio coa cámara aver que atopo e saqueina a pulso (polo menos en Barcelona hai que pedir un permiso municipal para poder chantar un trípode na rúa). O equipo que utilizo é do máis modesto, unha Canon EOS 1100D cun 18-55mm IS co que trato de facer o que podo ou o que se me ocorre sin máis coñecementos que os que aporta a técnica de proba e erro. Para máis datos aporto os datos EXIF:
Cámara | Canon EOS 1100D |
---|---|
Exposición | 0,077 sec (1/13) |
Aperture | f/6.3 |
Lente | 49 mm |
Velocidad ISO | 200 |
Tendencia de exposición | 0 EV |
Para saber máis acerca de zooming:
http://www.xatakafoto.com/trucos-y-consejos/tecnica-zooming
http://www.dzoom.org.es/la-tecnica-zooming-introduciendonos-en-la-fotografia/
Exemplos de zoming:
http://www.flickr.com/groups/zooming/
You might also like
More from Fotografia
“Veneradas e Temidas” ~ O poder feminino entre dualidades | Lito Caramés
Exposición Venerades i Temudes. El poder femení en l’art i les creences. Caixaforum. Divinas dualidades.
Ana Tomé: Intemporalidade | Inma Doval
Ana Tomé: Intemporalidade. Exposición de fotografía no espazo cultural da libraría Biblos de Betanzos (mes de marzo de 2024) | …