Gustave Flaubert: «Todo o mundo pode facer coma min. Traballar coa mesma lentitude e mellor. Basta simplemente con prescindir de determinadas afeccións e privarse duns cantos praceres. Non son virtuoso en absoluto, senon consecuente. E, apesar de ter importantes necesidades (das que non digo palabra), preferiría traballar de vixiante nunha escola a escribir catro liñas por diñeiro. […] Somos obreiros de luxo; mais resulta que ninguén é bastante rico para pagarnos. Se un pretende gañar diñeiro coa pluma, debe dedicarse ao xornalismo, ao folletín o ao teatro. Unha obra de arte non é valorábel, carece de valor comercial, non pode pagarse con cartos. Cando un non se dirixe a unha multitude é xusto que a multitude no lle pague (…) Conclusión: se o artista non ten rentas ten que morrer de fame!» Recomendamos para todos os embravecidos críticos do blogomillo, os que andan soltando as súas verdades literarias como redentores culturais dos novos tempos, lean este artigo publicado en Papel en blanco. Entre os mesmos, os que cren que poden escribir mellor que os nomes inxustamente recoñecidos da nosa literatura, este outro. E rogámoslles utilicen esa enerxía reformadora e xusticeira para prepararse e crear as mellores obras da inmediata posteridade. Que todos vexamos consumado o froito de tan louvábel ambición, e co corazón na man brindemos!
A. F.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …