Segundo o Estado a Real Academia Galega non ten dereito a percibir máis que o 38% do que percibiu o ano pasado, único ano en que lle foi outorgada unha axuda económica digna desde Madrid. Aínda que até o ano pasado tiña sido a peor tratada desde sempre polo goberno da nación española, este ano tócalle estar moito peor que as correspondentes catalá e basca, e tan mal como sempre acostumou a estar. Ao mesmo tempo, a Casa Real é insensíbel ás penurias dos seus súbditos reducindo o seu orzamento unicamente nun 2%. A verdade é que sempre pensei que á Academia Galega lle sobraba o de Real.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …