O primeiro documental sobre o panorama internacional da videopoesía, Versogramas, presenta campaña de crowdfunding.
O directores Juan Lesta e Belén Montero de Esferobite e a produtora Celia Parra, equipo principal de Versogramas, presentan a campaña de micromecenado de Versogramas, o primeiro documental sobre o panorama internacional da videopoesía. Versogramas é unha produción de Esferobite, coproducida pola Televisión de Galicia, coa participación de Amanita Films e Pixel Films como produtoras asociadas, e conta coa colaboración da Editorial Galaxia e a Fundación Uxío Novoneyra.
A campaña de crowdfunding de Versogramas vén de superar o 50% de recadación. Entrando en Versogramas podes descubrir máis sobre o proxecto, contribuír á súa produción e acceder ás recompensas que o equipo prepara. Moitas son personalizadas, limitadas e exclusivas: participar nun videopoema colectivo, gozar dun recital online multimedia e personalizado na propia casa, obter unha caixa de deseño fabricada exclusivamente para o documental, recibir un poema asinado polo equipo… moitas posibilidades para apoiar o proxecto e, en definitiva, a cultura.
Quedan menos de 20 días para apoiar Versogramas, e o documental precisa toda a colaboración posible: por medio de achegas en Versogramas ou ben difundindo a ligazón entre o círculo de amizades, traballo, etc, para así poder chegar a máis persoas. Coa campaña de crowdfunding preténdese congregar á comunidade da videopoesía e chegar a un público máis amplo co fin de recadar unha pequena parte dos gastos do proxecto.
O documental Versogramas explora o universo da videopoesía por medio de entrevistas cos principais creadores do xénero, fragmentos de videopoemas, un fluxo de imaxes entre a videoarte e o documental e un discurso baseado nas emocións. O seu obxectivo é achegar a videopoesía ao público e promover a lectura (ou visionado) da poesía.
En Versogramas atópanse creadores e creadoras como Yolanda Castaño, Dionisio Cañas, Miriam Reyes, Marc Neys, Elena Chiesa, Elena Knox, Hernán Talavera, Eduardo Yagüe, Iria Pinheiro, Melissa Diem, Kònic Thtr., Martha McCollough, Antón Reixa, Eugeni Bonet ou Belén Gache. Ademais, o documental contará con videopoemas de moitos outros autores e autoras do panorama nacional e internacional.
You might also like
More from Celia Parra
7 poemas de Celia Parra
Celia Parra (Ourense, 1990) dedícase á produción audiovisual e á poesía. En 2018 publica o seu segundo poemario, Pantallas, na …
Entrevista | Celia Parra: “Entendo as artes como expresións dun sentimento”
- Palavra Comum: Que supõe para ti a poesia e o audiovisual? - Celia Parra: Poesía e audiovisual sempre foron para …