A Palavra Comum acudiu à primeira mostra na Corunha do documental Versogramas (dirigido por Belén Montero e Juan Lesta), que teve a sua Première Mundial em NUDO Festival de Poesía Visual (Barcelona).
*
«NUDO é un encontro poético anual en Barcelona que celebra “los vínculos insospechados entre los seres y las cosas, entre las ideas y las formas”. Xusto como fai a videopoesía, que será de feito unha das grandes protagonistas do festival. No seu programa danse cita creadores e creadoras tamén vinculados con Versogramas. A proxección de Versogramas terá lugar o venres 20 de abril ás 18:30h no Centre Cívic Pati Llimona. Acudirán a presentalo a directora Belén Montero e Miriam Reyes, unha das videopoetas integrantes do documental. Esta presentación conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia).
Versogramas, creado desde Galicia, está considerado o primeiro documental do mundo en abordar o panorama internacional de la videopoesía.
Está dirixido por Belén Montero, codirixido por Juan Lesta, con música de Isaac Garabatos, producido por Esferobite (A Coruña) e con produción executiva de Celia Parra. Conta coa axuda de AGADIC, a participación da Televisión de Galicia, a produción asociada de Amanita Films, Pixel Films e Celia Parra. Colaboran: Fundación Luís Seoane, Fundación Cidade da Cultura, Fundación Paideia, Concello da Coruña, Fundación Uxío Novoneyra, Museo Mac Gas Natural Fenosa e Editorial Galaxia, que publicará este ano un libroDVD co documental e contido extra.
VIDEOPOETAS ENTREVISTADOS: Yolanda Castaño, Dionisio Cañas, Marc Neys (aka Swoon), Miriam Reyes, Elena Chiesa, Hernán Talavera, Eduardo Yagüe, Melissa Diem, Iria Pinheiro, Daniel Cuberta, Eugeni Bonet, Martha McCollough, Antón Reixa, Belén Gache
Con pezas de Ester Xargay, Adri&MinusBálido, Esther Carrodeguas, Heather Haley&Tina Schliesser, Cristina Ferreiro, Marc Capdevila&Albert Balasch&Tià Zanoguera, Eduardo Estévez, Daniel Dugas, Branca Novoneyra, Dave Richardson, Carlos Oroza&Carlos Vilas Bugallo, Véronique Sapin, Kathy McTavish, Lola López-Cózar, Aaron Fagan.
Contacto: info@versogramas.com / +34 690 33 12 74 – Celia Parra /www.versogramas.com».
*
You might also like
More from Audiovisual
Inma Doval: “[círculo dentro do círculo]” | Carla Nepomuceno
O corpo, a vertigem, os ângulos... são alguns dos elementos que encontramos em [círculo dentro do círculo] de Inma Doval …
Marta Cortezão: “Cantiga Maria” | Carla Nepomuceno
A escritora Marta Cortezão lê um poema seu intitulado CANTIGA MARIA, deleitando-nos com a sua escrita.