Víctor F. Freixanes: […] Aínda hoxe, a cultura galega, a nosa proxección exterior sobre todo, pasa case irremediablemente pola intermediación dos cenáculos ou plataformas madrileñas, que é onde están os mecanismos de poder, tamén do poder cultural.
[…] A lingua galega ten identidade de seu, moi fundamentalmente porque a lingua é a consciencia que os falantes teñen dela. A lingua é un espazo no mundo: espazo de identidade, no que nos recoñecemos. Mal asunto se nos despoxamos dos falantes, que a vivifican decote e son a razón da súa existencia. Mais tamén é certo que o galego forma parte dunha grande irmandade: galego-luso-brasileira, que mesmo inclúe as nacións ou territorios de África que falan este idioma, ou variantes destas falas. Hai que profundar nesa relación, entre outros argumentos porque nos resulta útil (tamén economicamente), porque amplía o noso espazo obxectivo de relación, mais tendo en conta a primeira parte desta resposta: a lingua ten que ser recoñecida como tal polo conxunto da sociedade galega, non por un grupiño de especialistas máis ou menos espilidos. A lingua non se produce nin se desenvolve nun tubo de ensaio, senón na dia- léctica do grupo social que a fala.
Vía “Nós” era a modernidade” | Galicia Hoxe.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …