«Una novela escrita por la modelo Katie Price se convierte en un superventas en el Reino Unido: Una novela escrita con ayuda ajena por la modelo británica Katie Price, también conocida como Jordan, ha vendido más ejemplares que los seis finalistas juntos del Booker, el premio literario más prestigioso del Reino Unido. De Crystal , novela que trata de los esfuerzos de una muchacha por ganar fama como cantante gracias a un concurso de telerrealidad, se llevan vendidos, desde que salió en junio, 159.407 ejemplares. Por el contrario, las ventas de las seis novelas finalistas del Booker suman 120.770 ejemplares, pese a la campaña de publicidad de que han estado rodeadas. Crystal es la segunda novela de Price. De la primera, Angel , vendió 300.000 copias.» (La voz de Galicia)
Dicía eu hai uns días que non era un canibal, e iso era porque entendía o lector actual a ser tratado como un animal de consumo literario, estimulado tan só por emocións primarias elevadas á enésima potencia. Esas obras que son creadas para “ofrecer circo” a domicilio, unha maneira de atordar o povo similar ao cinema “de medo”. Algo equivalente a substituír o deporte verdadeiro, que tanto contribúe á boa conexión de corpo e mente, por unha sesión de “puenting”. Trátase de non suar, e sen esforzo físico subir as pulsacións cen puntos. A felicidade consiste no sentimento posterior a salvarse dunha morte inminente?
Algo similar acontece con estes produtos, froitos da enxenaría literaria máis comercial, auténtica aliaxe entre a psicosocioloxía e o márqueting. Así, unha modelo escribe “con axuda allea” (?) unha novela que se vende máis que os tais finalistas do Booker. Mais onde está a literatura? No número de vendas? A literatura está na calidade.
?
?
?
Na calidade da obra, é dicir, na profundidade da súa mensaxe e no virtuosismo no uso do código literario: a sonoridade da lingua (Torrente Ballester paseaba oralmente as obras até que nada lle resultaba inharmónico), a suxestión de matices mediante a escolla dos conceptos apropiados, as asociacións imaxinarias ao servizo dun mundo posíbel coherente e orixinal… ou unha mensaxe de alta humanidade. Todo o contrario, pois, de fabricar un alimento para cans con desperdicios cárnicos atopados na rúa.
Diferenciemos, propoño eu, a Literatura da enxenaría literaria estritamente comercial. Do mesmo modo que un bon traballo como modelo non o fai calquera, a dignidade dunha obra literaria responde a criterios cualitativos. Se non eu tamén podería ser modelo, se contase con a “axuda allea” que me falta: [kml_flashembed movie=”http://videos.orange.es/p/es/iLyROoaft4WQ.html” width=”280″ height=”228″/]
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …