“Xanelas, fiestras, ventás” foi uma exposição de Mónica Montero, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia, entre 18 de Novembro e 2 de Dezembro. Agradecemos à autora as facilidades concedidas para divulgar estas obras na Palavra Comum.
«Abrir fiestras, xanelas e ventás nun movemento de ida e volta, interior e exterior. Apertura cara a fóra e tamén cara adentro.
Grazas a este espazo pode verse a sí mesma ao longo dos anos porque aquí conviven obras moi recentes con outras máis antigas.Isto posibilita este exercicio de autocoñecemento.
A través desta xanela pode ver, ler e comprender a súa propia linguaxe, Unha lingua cunha sintaxe críptica que non para de falar, cantar e ata de berrar constantemente. Como as sereas e Melusinas que invaden o seu imaxinario.
Abrindo esta ventá intenta descifrar a gramática do inconsciente para saber quen ven sendo esa tal Mónica Montero. Nada menos».
María Creo
«Nesse espaço intermédio, onde rompem as perspectivas condicionadas por tantos séculos gastados em ocultar o fulgor que tocamos com as pontas descontaminadas dos dedos, acontece um encontro. Simples, como uma estrela a estourar no zénite ao compasso do olhar libertado desde o brilho extremamente interior da luz, renascente em cada instante o universo a arder na percepção, sem início nem fim.
É aí, nesse lugar intenso e ubíquo, onde abrimos as janelas para converter o exterior e o interior num mesmo âmbito inebriado, atravessado por este fogo primordial do existente que chama, uma e outra vez, à fascinação do seu saber estremecido».
Ramiro Torres
You might also like
More from Escultura
“Veneradas e Temidas” ~ O poder feminino entre dualidades | Lito Caramés
Exposición Venerades i Temudes. El poder femení en l’art i les creences. Caixaforum. Divinas dualidades.
Os folgos da escultura flúen polas veas de June Crespo | Lito Caramés
Estes meses o Museo Guggenheim instala nas súas salas unha importante mostra dos traballos da escultora June Crespo: Vascular. Que …