O noso prolífico Xavier Alcalá apresenta esta tarde en Bruxelas (Livraria Orfeu) Unha falsa luz, a terceira novela de “Evanxélica Memoria“, unha triloxía que ben podería anunciarse como a primeira triloxía de novela histórica —rigorosamente planificada como tal— da literatura galega. Mil duascentas páxinas en total dedicadas á represión que a comunidade galega dos evanxélicos padeceu desde a chegada ao poder dos militares golpistas e dos fundamentalistas católicos no pasado século. Unha parte da Historia deste país rica en anécdotas, penalidades e desterros que aínda hoxe as máis modernas Historias da Galiza non foron capaces de encetar. Cousa que a partir de agora será fácil para os investigadores, até porque Alcalá nos ten confirmado que está disposto a ceder o froito das súas propias investigacións (testemuños directos e indirectos, cotexo de documentos históricos dos que garda copia, etc, recollidos por el aquén e alén do Atlántico) a aqueles estudosos interesados, unha vez que el xa tomou o que precisaba para alimentar a súa colosal creación literaria.
A. F.
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …