Marina Mayoral: «Tardo anos en escribir unha novela e escribo en galego e en castelán indistintamente. Cando estou en Galicia, nos veráns escribo en galego. Despois traduzo os capítulos do galego ao castelán e os que están en castelán ao galego. […] Creo que [a narrativa galega] está ao mesmo nivel que o resto de Europa.»
Será entón que toda a obra galega de Mayoral é –no mellor dos casos– nas súas tres cuartas partes obra en castelán traducida pola autora? Só escribe literatura en galego no verán? Entón só é unha literata galega estival, “temporeira”? É esta a narrativa galega que nos coloca ao mesmo nivel do resto de Europa? Creo que, despois de ver cantos escritores si traballan na literatura galega con rigor creativo, talento e compromiso coa construción dun sistema literario que loita contra os maus tempos dunha lingua que verdadeiramente pretende dignificar, outras actitudes deveñen trémulos esforzos por estar ao sol que máis quenta. Digo isto desde un punto de vista que valora a enerxía empregada en construír desde aquí para ter algo que ofrecer dentro e fóra, que será o único que nos erga da decadencia cultural que moitos aborrecemos. Aqueles que acreditamos aínda na creatividade do país para aproveitar os recursos que milagrosamente conserva.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …