[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=204175789878703255" width="280" height="228" wmode="transparent" /]
Este venres 14 foi ingaugurada na Sargadelos d’ A Coruña Underwood, a última proposta poético-obxectual de Pepe Cáccamo. Libros, libros e máis libros para unha reflexión sobre a vida que hai nos libros, a que produce os libros e a que os libros suxiren. Libros “abertos”, libros “pechados”, libros manipulados, libros de contido inviolábel, para sempre sepultado nunhas capas coladas como lápides. E se todos estes libros constitúen unha exposición devant la lettre, outras pezas nos sitúan nunha exposición avant la lettre: son aquelas que representan máquinas de escribir, ferramentas de escritura martelada dispostas de tal xeito que cobran vida nunha dimensión preliteral, moito antes de que a súa utilidade fose coñecida. Nace o órgao e despois a función resulta inevitábel.
O aspecto lúdico resultou en verdade agradábel, como ben afirmou Xavier Seoane, que oficiou —despois da benvida de Yolanda Castaño— a presentación oficial. Trátase da brincadeira implícita que ofrece o object trouvé, como cando de nenos procurábamos tesouros inverosímiles nun vertedoiro abandonado. Obxectos esquecidos que unha vez resituados baixo a nova luz da imaxinación creativa atinxen un valor inapelábel. Un azar que é trascendido nunha proposta estética inusual, ao tempo rica, polida e sorprendente.
Reportaxe: Tati Mancebo. Texto e fotos: Alfredo Ferreiro.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …