[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=2295414310862763843&hl=es" width="320" height="240"/]
O día 24 de outubro Xavier Alcalá participou como escritor convidado na inauguración n’ A Coruña do segundo ciclo de conferencias “Escritores na Universidade” organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración das tres universidades galegas. Presentou o acto o reitor José María Barja e a seguir interviron a decana da Facultade de Filoloxía Teresa López e o directivo da AELG Henrique Rabuñal, todos se felicitando do inicio dun ciclo que pretende aproximar os escritores galegos dos alunos universitarios.
Alcalá fixo gala da súa sempiterna xuventude. Non só demostrando que permanece no seu espírito a mesma capacidade de reflexión e ansia de mellora persoal —así como do sistema literario— que o caracteriza desde hai máis de vinte anos (atrévanse os cerebros novos máis críticos a ler Tertulia (1985), “e verán o que verán”), senón tamén anunciando que está disposto a pór toda carne na grella da era das comunicacións. Para a divulgación da súa obra e exemplo perene perante as atitudes máis dubitativas, medoñas ou declaradamente pesimistas.
O primeiro é esforzarse nos proxectos propios, e logo acreditar no interese que han suscitar no sistema literario. Isto foi o que dixo Alcalá implicitamente cando oficialmente apresentou o seu novo espazo web, proxecto en que temos a honra de colaborar e agora xa desfrutamos dunha perspectiva que partillamos cento por cento: un espazo versátil, unha plataforma clara e unha visión pragmática que pon en foco o valor incontestábel dos contidos.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …