Entre a música e os signos da noite
un vaivén que presente a mirada
do xaguar de luz que o medo espanta
e un baobá que asombra as pegadas.
Nada teño, tan só uns recordos de escaso valor
pechados na man que gardo no bolso,
unha lágrima seca e un acendedor,
unha trampa para moscas e os restos dun motor
esquecidos no peito.
Danzar é pecado se non hai máis opcións,
eis o sensentido de amar pecando
a rima abandonada nunha canción.
As pedras que comigo van no zapato
e procuran acougo no meu camiñar
serán lastro útil cando comece a voar.
Despídeme de quen consideres
que debe marchar.
Tati Mancebo / Alfredo Ferreiro
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …