A partir de mañá, a partir das 16:00 no Pazo de Mariñán, esperamos ouvir as valoracións literarias dos autores que veñen publicando dos anos 90 para acá. Serán dous días de encontro para tratar temas como tendencias actuais, visibilidade do escritor, novas tecnoloxías da información e identidade social. A ver vamos se podemos elaborar algo parecido a unha crónica e máis algún vídeo. Iso se as ideas non nos asaltan e nos permiten gravar, pois non é fácil estar na misa e tocar os sinos. Ver programa aquí.
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …