Eduardo Estévez defende un novo primitivismo? Pretende emular os ancestros cavernícolas no ámbito dixital? Talvez lembrarnos que a poesía se elabora con materiais esenciais da experiencia vital, e que esta está vinculada, desde un plano de especial sensibilidade, cos traballos mundanos, coas necesidades básicas de aquecerse e alimentarse. Albergado no espazo virtual culturagalega.org, esca e pedra é un proxecto que presenta a elaboración dun poema cada semana a partir dun tema surxido aleatoriamente: «Cada semana accedo á galipedia, premo en “páxina aleatoria” e a partir do artigo que saia, escribo un poema. Así trinta veces. Trinta semanas. Trinta poemas.»
Esta tarde, por outra parte, terei a honra de participar nunha sesión do obradoiro literario que o poeta dirixe en Fene.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …