Organizada pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, o venres 29 tivo lugar n’ A coruña unha homenaxe aos anarquistas represaliados no 37. Através dun percorrido por dez lugares representativos (casas e prazas) do bairro Atochas-Monte Alto, foi rememorada e reivindicada a luz que o movemento libertario herculino ofreceu á sociedade urbana até que o alzamento fascista determinou a súa extinción.
Baixo o título Atochas-Monte Alto 1937-2007: unha ollada ao pasado con vistas ao futuro. Roteiro polos lugares e personaxes, unha enorme comitiva conducida por Lino Braxe e apoiada por diversas personalidades da cultura, a política e o mundo libertario percorreu o bairro coruñés dedicando espectáculos, lecturas e testemuños. Durante a participación no evento elaboramos esta reportaxe fotográfica acima ofrecida.
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …