O IV Encontro de Nov@s Escritor@s da AELG chegará ao castelo de Sta. Cruz (Oleiros – A Coruña) cos deberes feitos: aínda que se celebrará en presenza do 20 ao 21 de novembro, xa levan os relatores semanas avanzando nos contidos desde a rede. Primeiro foron as intervencións preliminares dos membros das mesas, anticipando as súas teses; logo chegaron os comentarios que a xente do blogomillo lles propuxemos. Deste modo os temas a tratar chegarán xa destilados ao encontro final, podendo as conclusións virarse reflexións máis depuradas, e portanto máis úteis.
Ao mesmo tempo, en lugar de ofrecernos ao final un tixolo en papel que só algúns desfrutan na súa man, os materiais perdurán sao alcance de todos nun espazo que a AELG disponibiliza na súa ansia de manter referentes de altura sobre a literatura e a cultura do país.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Rl7GdJauz_8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …