Foi no predio recentemente estreado do Mercado Eusebio da Guarda d’ A Coruña, ás oito da tarde. O grande espazo que a Fnac di ofrecer para estes eventos pemitía a vinte persoas estar sentadas e outras dez de pé. Cheo absoluto, por tanto.
Falou Manuel Bragado por Edicións Xerais sobre a autora que veñen publicando desde hai xa vinte anos e a nova novela, Case perfecto, publicada ao tempo en castelán (Casi perfecto, Alfaguara, trad. da autora). A continuación Ana Abelenda (chamada pola Fnac como xornalista e crítica literaria) ofreceu unha panorámica da obra de Mayoral para logo comandar unha entrevista ao vivo. Deste modo a autora tivo oportunidade de manifestar ante o público en que sentido a novela podía ser autobiográfica, a orixe da mesma, e as súas opinións sobre a imaxe social da muller escritora, a compatibilización da escritura e a familia, os supostos gustos masculinos á hora de escoller un tipo de muller e as motivacións persoais como escritora. Tanta foi a información ofrecida desde a mesa que non foi de estrañar que os asistentes non precisasen facer ningunha pregunta. Nada pareceu ficar no tinteiro.
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …