Desde o 19 de maio e até o sábado 5 puidemos desfrutar na Atlántica Centro de Arte dunha exposición de arte polivalente. Tres discursos diversos, tres disciplinas diferentes e, ao tempo, a potencia comunicativa resultante de tres voces harmonicamente unidas. Olga Patiño
ofreceu versos directos de grande calado emotivo, que esteticamente xogaban coas caligrafías corpo largo, acentuando o contraste co fondo branco; Isabel Pintado destacou polas grandes manchas de obxectos difuminados, unhas quentes e outras frías, como soños asolagados na memoria que irremediabelmente se extingue; Soledad Penalta mostrou un aceiro humanizado pola caligrafía, promovendo o contraste entre masas pesadas e formas laminares, entre o inerte e unha sorte de formas en caprichoso movimento.
Tres discursos que, se ben en parte da exposición se propoñían individualmente, como carácter conclusivo se unían nunha pequena serie de obras de factura colectiva en que as tres artistas mesturaban poesía, pintura e escultura, dando lugar a obrasque multiplicaban exponencialmente os significados.
Como guinda da exposición, a posibilidade de adquirir o libro de artista Natureza Haiku, aquel con que Espiral Maior inicia a colección “O xardín prohibido”, e que ofrece obra das tres artistas en delicadas carpetas con pezas orixinais. Unha delicia para aqueles que consideramos que a interdisciplinariedade nas obras de arte permite atinxir dimensións nunca imaxinadas.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …