Desfruten o maravilloso recital que Pedro Casteleiro, noso amigo e deste blogue colaborador, ofreceu na Coruña ben acompañado dos dedos-corazón de Manu Clavijo. Poesía de alto nivel no século XXI na cidade de Hércules, obxecto precioso que serve para referenciar o norte poético que nunca debe abandonarnos.
Por cortesía de Celso Álvarez Cáccamo, con certeza o primeiro editor web de varios dos poetas coruñeses de 90, na súa Çopyright podemos descobrir a forza telúrica e a maxia pagá dese fermosísimo Cancioneiro do silêncio. Visiten a páxina, de contidos sorprendentes desde hai moito tempo, e ouzan o recital. É unha moi insistente recomendación para aqueles que gostan de poesía.
A. F.
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …