Unha reflexión sobre os xestos, sobre a interpretación dos elementos esenciais que nos rodean, na inevitábel interacción do ser humano coa Natura, o mundo en que aterramos sen xamais telo abandonado. O misterio da vida é a ignorancia do destino, e o poeta reflexiona sobre os elementos naturais que nos acompañan no camiño pois sabe que na hermenéutica da materia debe acharse a chave para a comprensión do humano. Chegamos ao mundo un día sen telo abandonado nunca, polo que máis que nunha viaxe misteriosa a resposta está nunha transmutación incesante.
A palavra
nunca retorna ao magma
Nunca se toca
a matéria mesma
do que se escreve
Mas a palavra
anuncia
a abertura
e nela própria circula
a sombra que nos toca
e nos faz respirar
António Ramos Rosa publicou A intacta ferida en 1991 e agora debemos agradecer a Ediciones Sequitur esta versión bilíngüe no resto do territorio ibérico. A tradución de Luis González Platón é máis que correcta, aínda que haberemos que recoñecer que este portugués literario ofrece poucas dificultades na súa traslación ao castelán. No entanto, si existen algúns casos en que o tradutor caeu en erros debidos ás “falsas amizades” entre portugués e castelán: “Vejo o solo extinto” nunca debería ser traducido como “Veo solo lo extinguido” (p. 21), senón como “Veo el suelo extinguido”.
Agradecemos a Sequitur ternos enviado o título dedicado a este vulto das letras hispánicas, e celebramos o interese que a editora mostra por unha poesía que -non só porque o diga Antonio Gamoneda- está na primeira liña da poesía mundial.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …