Hai un par de días inaugurouse a Fnac da Coruña. Do contido da tenda pouco poderei contar polo momento porque entre os oitocentos convidados, que contaba a organización e os mil e bastantes que calculamos, media unha diferenza suficiente para que só a sección de DVDs musicais deixase ben á vista o material exposto. Canto á xente, resultaba orixinal, divertida e, sobre todo, completa, a mestura de representantes culturais congregados. Foi un evento para os produtores e para os actores. Para os músicos e para os escritores. Para os cantantes e para os políticos. Para os comerciantes e para os editores. Para os xornalistas e para os xestores… Hmmm, creo que algún vai repetido, non?
A discusión da noite estivo centrada en dilucidar quen son os maiores beneficiarios e prexudicados pola chegada de Mr. Marshall. Os focos de debate máis acalorado xiraban en torno a se o advenimento da gran industria do ocio a unha pequena e fachendosa cidade acabaría antes co pequeno negocio de barrio ou coas “grandes” librarías da cidade.
Polo que me contan, o posto de coordinador cultural da entidade, cobizado e solicitado por moitas figuras da cultura de todo o país, foi parar ás mans dunha muller que vén de Madrid. Ante a disxuntiva de contar con alguén que coñeza o ámbito galego e non o madrileño ou alguén que coñeza o madrileño e non o galego, a nobreza segue a vir de fóra.
More from Tati Mancebo
So long, Leonard
Escrevi esta canção há aproximadamente um mês. A paz seja contigo, Leonard Cohen. A mim já me ajudaste a senti-la …
Os teus ollos, a duo com Uxía e Narf
Duo caseiro de Táti Mancebo con Uxía e Narf sobre uma canção do disco Baladas da Galiza Imaxinaria. Publicado com …