Da man do amigo António José Queirós, o seu director, chégame o número 7 (2005) da revista portuguesa Saudade, proxecto patentemente universalista entregado á poesía. Nacida en Amarante, ten ofrecido asento a autores de moi variada xeografía: portugueses, galegos, brasileiros, franceses, hondureños, colombianos, arxentinos, españois, polacos, haitianos, cabo verdianos, suízos, romenos. Entre os galegos figuran Xosé Lois García, José António Lozano, Xoán Neira, Carlos Quiroga, José Ángel Valente (texto traducido para portugués por Amadeu Baptista), César Antonio Molina (en castelán), Xosé María Álvarez Cáccamo e quen isto escribe. Proxecto continuador da magnífica revista Anto, dedicada con esmero á figura do poeta António Nobre, esta publicación demostra tanta pericia editora e iguais dignidade e mestría na divulgación da poesía. En breve virá á luz o número 8, do que daremos noticia na altura.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …