Galicia Hoxe: «Os artistas Mário Cesariny e Artur Cruzeiro Seixas, representantes históricos do surrealismo portugués, expoñen dende onte na compostelá Casa da Parra unha selección da súa obra na mostra Benvidos a Elsinore. […]».Nada me interesou tanto en poesía como o surrealismo portugués. Este ano visitei as terras do Tâmega de tiven a oportunidade de ollar as casas de Teixeira de Pascoaes, António Nobre e Artur Cruzeiro Seixas. Deste último poden desfrutarse varias obras no Museu de Amarante, ao que tan oportunamente nos guiou este verán o amigo António José Queirós. Teño pendente ofrecervos unha reportaxe daquela inesquecíbel visita. |
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …