«A violencia de xénero é un fenómeno que toma diferentes formas en todas as sociedades e que ten as súas raíces na discriminación que mulleres e nenas padecemos en todo o mundo. Nalgunhas sociedades toma forma de burka, noutras de dote e noutras, de mulleres asasinadas polas súas parellas ou de nenas que morren de anorexia ou bulimia. A discriminación impide que as mulleres poidamos desenvolvernos como persoas a moitos niveis, que poidamos obter acceso a recursos, control sobre os nosos corpos ou tomar decisións. Esta situación dáse no Norte e no Sur, onde a discriminación de xénero, a pobreza e as relacións económicas desiguais co Norte agravan as condicións de vida das mulleres e nenas. Porén, todas as persoas en todos os lugares temos capacidade para cambiar esta situación. Na India, máis en concreto en Támil Nadu, son miles as mulleres que loitan contra o infanticidio feminino. Dende aquí ti podes unirte a elas e facer que as sociedades sexan un chan vizoso onde todas as persoas poidamos crecer e vivir con dignidade.
Máis de 200 nenas morren cada ano en Salem (India). 200 persoas poderían cambiar esta situación. Por só 12 € ao mes podes ser 1 de 200. ¿Queres?»
Máis información en Implicadas no desenvolvemento; 200 implicadas; 1 de 200.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …