«Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abril constituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galiza, que os sublevados consideraban literalmente tratada como “verdadeira colonia da corte”. […]» [Ler máis na Galipedia]
«En 1846 o Galicia foi escenario dunha revolución que deixaría unha fonda marca na historia e na cultura do país. Malia ao seu fracaso, o alzamento liberal de 1846 marcou a política e o pensamento da época, e ten unha importancia fundamental en como se desenvolveu despois o Rexurdimento e o Rexionalismo galego. Aínda hoxe, as lembranzas daqueles feitos continúan con vida. Unha revolución non ten sempre que vencer para mudar a realidade. Pódese pensar que esta foi o caso do pronunciamento que protagonizou o exército en Galicia en 1846. O que comezara coma un alzamento liberal deu no fito fundacional do provincialismo en Galicia, denunciando de xeito explícito a situación de abandono no que se atopaba Galicia respecto ao goberno central. […]» [Ler máis en culturagalega.org]
Hoxe en día, vendo como as estratexias da dereita pretenden unha recentralización do Estado Español, coa implícita aniquilación dos avances democráticos que supoñen o reparto de poderes e recursos através das comunidades autónomas calculo se algunha revolta se fará necesaria de novo. Oxalá que non, oxalá que a dereita española considere caducas as formas menos democráticas que aínda varios dos seus políticos, con bágoas nos ollos, lembran como un pasado moito mellor.
Por certo, eu crieime en Carral, e agardaba para coller o autobús para a Coruña, como todos na vila, sentado nas pedras do “Panteón” que vedes na fotografía. Hai poucos días tiven ocasión de falar para os rapaces de Carral sobre os blogues, a lingua e a literatura galegas, e foi unha experiencia memorábel retornar a un lugar tan querido xusto cando a primavera estouraba en aromas e cores. Isto tróuxome á cabeza moitas lembranzas, mais haberán de ser contadas noutra ocasión.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …