– Palavra Comum: Que é para ti a música?
– O Leo: Un xeito de comunicarme, indisoluble da palabra e da lingua desa palabra, a miña-nosa. Á vez, un xeito de intentar que aconteza algo, partindo desa necesidade de comunicación, que o acto comunicativo vire en acontecemento.
– Palavra Comum: Como entendes o processo de criação artística?
– O Leo: Non creo muito na palabra “creación”. Acredito máis na capacidade de observación, na educación e o adestramento da propia ollada, tanto para dentro coma para fóra, para que sexa quen de apreciar o acontecemento, que pode producirse en calquera momento e pode tamén propiciarse.
– Palavra Comum: Também escreves poesia, qual consideras que é a relação entre estas duas artes?
– O Leo: Absolutamente solidaria. Tampouco creo na división ou distinción entre xéneros literarios ou mesmo artísticos. A palabra permíteche repetir unha mesma frase musical ad-eternum e que sexa distinta a cadora, coma nas coplas tradicionais, no blues ou nos cantares de cego.
– Palavra Comum: De quem te sentes, criativamente, filho ou irmão?
– O Leo: Fillo, e volvo rexeitar “creativamente”, ético-estético, de Mini e Mero. Tamén de Woodie Guthrie. Irmán dunha chea de xente coa que traballo nisto, cos que, efectiva e literalmente, me trato de “irmán/ao”.
– Palavra Comum: Que músicas/músicos reivindicarias por não serem suficientemente conhecidos (ainda)?
– O Leo: O concepto de ser coñecido “suficientemente” tamén me resulta esvaradío. O/a músico/a que goza dunha certa invisibilidade goza tamén dunha grande vantaxe, penso, e persoalmente gosto de cultivar esa ausencia relativa. Agora ben, se queredes dígovos artistas que me gustan e que son coñecidos por unha amplísima minoría e se cadra descoñecidos para unha exigua maioría: Jonathan Richman, o primeiro cantautor punk; Son House, o cantante máis imprevisible que teño escoitado; Leadbelly, que fixo o mesmo ca Dylan, xuntar as tradicións branca e negra; Robert Johnson, poeta e músico analfabeto e vangardista; Hasil Adkins, que comezou a esnaquizar o rocanrol no mesmo lustro en que naceu; Flat Duo Jets, duo batería-guitarra e influencia recoñecida por Jack White; António Variações, cunha estética tremendamente rechamante na súa época e asombrosamente coincidente co actual look hipster; Xosé Manoel Conde, cantautor alófono que sacou un dos discos máis impecables da transición, “Bule, berra, chora”; Miguel Seoane e Nacho Muñoz e toda a súa traxectoria, que agora mesmo se enfoca en Igmig; o Bitxobola, cantautor ácrata dos de verdade… eu que sei, hai muita máis xente interesante “descoñecida” ca coñecida, supoño.
– Palavra Comum: Que propõe um punk para arranjar o mundo?
– O Leo: Volvelo facer (rebentándoo primeiro). Destroy, y’know.
– Palavra Comum: Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver?
– O Leo: Pois sempre hai ideas por aí. Agora a Lara Rozados e mais eu estamos pondo en escena o Berlin de Lou Reed cantado en galego e dramatizado, coa dirección de Chiqui Pereira e produción de Histeria Teatro. Estou gravando tamén disco con Labregxs do Tempo dos Sputniks e maqueta previa con Das Kapital. Con Arremecághona’s Produçións aparecerá un ou dous heterónimos novos e os que hai van levar unha evolución, un xiro nas súas personalidades e carreiras, con espectáculos e temas novos, seguramente para o comezo do ano que vén. E de resto, respirar.
– Palavra Comum: Que achas de Palavra Comum? Que gostarias de ver também aqui?
– O Leo: Acho que é un sitio de referencia para as artes da palabra, e o seu carácter multidisciplinar e aberto fai que non bote nada en falta, e si que o espere todo con ilusión.
Ver, nomeadamente, entre os minutos 13′ 28” e 26′ 40”.
You might also like
More from Entrevistas
Tono Galán expus na Corunha | Alfredo J. Ferreiro
Tono Galán (A Corunha, 1967) é um artista corunhês muito polifacético que, embora se esteja agora a dedicar fundamentalmente à …
José-Mª Monterroso Devesa: as suas e as nossas teimas | Alfredo J. Ferreiro
Em dezembro de 2023 aproveitamos a oportunidade de parabenizar o amigo José-Mª Monterroso Devesa pela publicação do seu último livro, …