O 2 de setembro celebrouse no pavillón de Fontecarmoa, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), unha emotiva homenaxe ao artista galaico-catalán Pepe Rubianes. Era tal a nómina de corazóns de amigos e coñecidos que se convocaban que o equipo de Blogaliza quixo contribuír dalgún xeito a esta memoria, tentando que ninguén esquecese un evento con tan louvábel intención. Este é o vídeo que Maribel Úbeda conseguiu tecer coas gravacións que un servidor foi tomando cos xoellos e o cu sobre o duro e frío chao do corredor central do pavillón. Porque neste país hai moita máis cultura da que os medios convencionais logran malamente mostrar, tan parcos nas referencias ao que alimenta o espírito e no corazón perdura.
Aproveito a ocasión para presentarvos O levantador de fotos, un blogue que complementará este coas imaxes que nos últimos anos fun apañando no meu particular “safari cultural”. As da homenaxe son estas.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …