No día internacional do libro quero declarar que levo case un mes sen escribir no blogue por ter dedicado o pouco tempo de que dispoño a ler libros convencionais. Voltei aos poemas impresos en papel e vin que algúns deles xa van máis amarelos do que podía supoñer. Outros escancháronse a causa da cola avellentada de edicións modestas; os máis vellos parecéronme anciáns venerábeis, enrugados e febles, curados como un sabor humano na montaña do Amor.
Celebro ter dado con este suporte dixital inestimábel, este das solícitas teclas, mais nunca abandonarei o erótico aloumiño das páxinas ao bordo da alerxia aos ácaros. Aos ácratas ácaros que se alimentan dos tesouros empapelados do pensamento.
A. F.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …