«O novo proxecto de lei contra a pirataría dixital, pensada segundo o Goberno para limpar da Rede 100 webs (200 segundo as empresas do audiovisual) que ofrecen contidos audiovisuais sen permiso dos seus propietarios, continúa adiante cos remendos necesarios. Trátase dunha norma con eivas xurídicas evidentes, pois permitiría a unha Comisión da Administración fiscalizar as comunicacións electrónicas dos usuarios e dicir o que é legal e o que non, para logo un xuíz executar a resolución administrativa sen tempo para poder discutir o fondo da cuestión, e chegando moito probabelmente a executar nos termos iniciais da Comisión. Semella unha estrataxema para non obviar a participación xudicial, mais utilizando esta nunha versión tan reducida que pasa case por testimonial.
Hai quen ve nesta proposta a utilización dunha autoridade administrativa, a supracitada Comisión, para a defensa non de intereses xerais senón de dereitos individuais de contido económico (cfr. Paloma Llaneza en El País); hai quen estima que unha regulación que afecta á espionaxe de comunicacións electrónicas ou á clausura dunha web debía facerse polo menos mediante unha lei orgánica (cfr. Víctor Domingo en Xornal de Galicia); hai quen opina que obrigar a Audiencia Nacional que vise en catro días aquilo que ordena unha comisión ministerial é un despropósito, como tamén o é exixirlle este traballo a un tribunal exepcional que se ocupa do terrorismo, o narcotráfico e a corrupción (cfr. Ignacio Escolar en Público). […]» (Ler máis en blogaliza.org)
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …