Tati Mancebo: «Así atopo a noticia en Teleread: Hai empresas xaponesas que están a facer moitos cartos dixitalizando libros para particulares. Unha persoa desexa ler un libro que non ten versión dixital, entón encarga o traballo a unha destas empresas, que lle cobrará entre unhas decenas e uns centos de yens (pode ser entre 1 € e 10 € aproximadamente) por enviarlle a casa un DVD ou un arquivo por correo electrónico.
Cóntase dunha empresa que foi creada en xullo e en agosto xa recibiu 10.000 solicitudes de dixitalización de libros, e que espera chegar aos 15.000 en outubro.
No Xapón a copia privada está permitida pola Lei do Copyright, mais coa proliferación de empresas dixitalizadoras de libros, o debate está servido. Son a mesma cousa que alguén dixitalice coas súas propias mans e pagar a alguén que o faga por ti? Segundo un experto en copyright xaponés cuxo nome non se desvela, sempre e cando unha copia privada poida ser producida polo individuo que lerá o ebook, esta non pode ser encargada a un terceiro a cambio de diñeiro. Fica claro, verdade? […]»
You might also like
More from Livro electrónico
Do Calepino ao Ipad en catro minutos
No día do libro non quixen deixar de ofrecer como humilde contributo a miña propia experiencia de lectura, no extenso …
“Ensinar literatura”, curso da UDC
O xoves estaremos no Reitorado da USC promovendo un diálogo sobre os recursos dixitais que a literatura xa non pode …