Malia todos os últimos avances da tecnoloxía da tinta electrónica, parece ser que o dispositivo electrónico de lectura de maior aceptación é o Iphone. O Iphone porque é o primeiro, máis estábel e cun maior número de aplicacións subsidiarias desenvolvidas, mais todo o que se pode facer hoxe cun Iphone está a piques de poder facerse con aparellos substancialmente máis baratos. Imaxino os lectores de libros de tinta electrónica como dispositivos residentes en colexios, bibliotecas e mesmo bares, para uso colectivo ou doméstico, mais non como principais ferramentas de lectura en termos xerais, desa lectura urxente, apresurada que aprendemos a facer ao estenderse o consumo de prensa diaria.
A xente de Nintendo acaba de sacar un “xogo” para ler libros na DSLite con comodidade, que inclúe 100 títulos clásicos de todas as épocas… que non están suxeitos a dereitos de autor.
Tati Mancebo
More from Breves
A beleza reclamada
O blogue OLdM em breve reconduzirá as leitor@s à palavracomum.com, nova casa ou, melhor, novo arquipélago criativo.
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …