– Palavra Comum: Que é para ti a música?
– Xabier Díaz: Podería dicir que é todo… creo que é máis descritivo dicir que é a vida, no meu caso.
– Palavra Comum: Como entendes o processo de criação artística?
– Xabier Díaz: No meu caso é un momento ou proceso que me conduce a dous estados, un absolutamente eufórico e de plenitude e ó mesmo tempo un alterado e cheo de ansiedade… É como unha especie de revolución persoal, unha chamada a alterar o ritmo habitual das cousas.
– Palavra Comum: Qual consideras que é a relação -ou qual se deveria procurar- entre a música e outras artes?
– Xabier Díaz: Xa é tremendamente íntima e habitual/natural en moitos casos… cinema, danza, teatro… creo que é simbiótica nese aspecto, e tamén precisa, claro…
– Palavra Comum: De quem te sentes, criativamente, filho ou irmão?
– Xabier Díaz: De tantos e tantas que sería inxusto non lembrar a tantos… pero teño como escola a música popular e os seus anónimos artistas…
– Palavra Comum: Que músicas/músicos reivindicarias por não serem suficientemente conhecidos (ainda)?
– Xabier Díaz: Neste país son moitos… tampouco quero esquecerme de algúns… pero na mesma medida, eses grupos de pandeireteiras, gaiteiras/os… zanfonistas…. etc.
– Palavra Comum: Qual é o valor que lhe dás à música galega e quais os caminhos prioritários que deveria transitar?
– Xabier Díaz: Debera transitar todos os que os seus intérpretes/creadoras desexen… sen censura algunha, para darlle valor en forma de ADN propio. Recomendo levar unhas pingas de terra na mochila…
– Palavra Comum: Que conselhos lhe darias á gente nova que sente a música bulir no seu interior?
– Xabier Díaz: Que sexan entregados coa creatividade e o estudo por igual…
– Palavra Comum: Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver?
– Xabier Díaz: Agora traballo no meu próximo disco para o 2015… hai un feixe na gaveta… o camiño faise andando…
– Palavra Comum: Que achas de Palavra Comum? Que gostarias de ver também aqui?
– Xabier Díaz: Un proxecto magnífico e necesario, gostaría de ver lustros a pasar por riba da súa vida.
NOTA: a foto que acompanha esta entrevista é de Juan Luís Rua.
You might also like
More from Entrevistas
À conversa com Luciene Carvalho | Carla Nepomuceno
Luciene Carvalho, a primeira mulher negra no Brasil a assumir a presidência de uma Academia de Letras
Tono Galán expus na Corunha | Alfredo J. Ferreiro
Tono Galán (A Corunha, 1967) é um artista corunhês muito polifacético que, embora se esteja agora a dedicar fundamentalmente à …