Cando Luz Pozo Garza leu en voz alta Gauloises remarcou unha frase-verso-: “E nunca vas ao lugar dos meus soños”. Porque a escritura automática, ao igual que os soños, é realizada sen o fluxo de conciencia -e se hai algo desta é porque no proceso se mesturan- deixando que as palabras xurdan como se sempre estivesen aí. Así eu mencionaba “a semiótica almacenada en cada unha de nós”, o que supón que se instalan a partir das experiencias materiais e abstractas, é dicir, ora do pensamento metafísico, ora ben produto da materia, isto é, de condicións materiais que nos fan acceder a unha parte do real (sempre a unha parte). Con todo, dicía Picasso que se o podes imaxinar é real, co que nos posicionamos outravolta na idea de mestura: ficcionamos os nosos recordos, ficcionamos o tránsito pola vida e construímos realidades cando nos nomeamos, cando nos autonomeamos. Sen dúbida, a vida infire na escritura e tamén o non-dito, o silencio, os segredos, a delicadeza do oculto. Así, os contrarios son a afirmación que, ella mesma, opacamente se dilúe na transparencia. Dous planos nunha mesma imaxe: o ti e o eu. A alteridade móstrase na biografía e acha un espazo no que habitar: a escritura. O automatismo preséntase deste xeito como unha viaxe a terras descoñecidas, pero movéndose cun mapa de coordenadas (as do propio eu). M. Ponty dicía: “As miñas palabras sorpréndenme a min mesmo e móstranme o meu pensamento”.
NOTA: foto de Irene Vatvik.
You might also like
More from Crónicas
Primeira Crónica desde Xai Xai: a chegada
Participação de poetas da Galiza no VII Festival Internacional de Poesia de Xai-Xai, Gaza, Moçambique Primeira Crónica desde Xai Xai: a …
Adeus, ti, Ponte Nafonso I por Ramón Blanco
"En la ingeniería civil la seguridad estructural está en lo más profundo de su identidad, por lo que no puede admitir …